Friday 26 de April de 2024

A Xunta destina 40.000 euros en melloras nas dependencias de servizos sociais do concello de Porto do Son


O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe as actuacións levadas a cabo no concello levadas a cabo grazas a unha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público.

Alfonso Rueda incidiu na importancia da cooperación entre as administracións para axudar aos concellos a levar a cabo proxectos que contribúan ao benestar da cidadanía

O concello ten recibido axudas da Vicepresidencia por importe de máis de 1,8 M euros destinados a proxectos da Orde de Infraestruturas e do Fondo de Compensación Ambiental, como redes de abastecemento, melloras en parques infantís e instalacións deportivas

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe as actuacións levadas a cabo nas dependencias de servizos sociais do concello de Porto do Son grazas a unha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público, por importe de 40.000 euros

Alfonso Rueda indicou a importancia da cooperación entre as administracións para axudar aos concellos a levar a cabo proxectos que contribúan ao benestar da cidadanía, como neste caso, no que se levan a cabo diversas melloras nas instalacións da concellería de Servizos Sociais na Casa do Concello, polo que unifícanse os espazos deste servizo na planta segunda con despachos e espazos que permiten unha atención individualizada e garanten a privacidade dos usuarios.

Dáse así resposta a unha demanda dos veciños e, en especial dos usuarios dos servizos sociais do concello, que viñan reclamando o seu dereito á intimidade na tramitación das súas xestións. Evitase así que os cidadáns teñan que acceder a distintas plantas nas que estaba repartido o servizo.

Concretamente, o concello de Porto do Son nos últimos once anos ten recibido axudas da Vicepresidencia cun importe de máis de 1,8M euros destinados a proxectos beneficiarios da Orde de Infraestruturas, do Fondo de Compensación Ambiental, ademais de actuacións na rede de saneamento e abastecemento, melloras de instalacións deportivas ou creación de parques infantís.

Pertence á Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza, xunto ao concellos de Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Rois, Ames e Pontecesures, e no ano 2015 gañou o 3º dos Premios Coopera polo proxecto “Adaptación do servizo de recollida dos RSU ao Real Decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos”